MATEMÁTICAS
Ademais de saber de memoria as escalas de lonxitude, masa e capacidade, tamén teremos que repasar o vocabulario referido ao tempo, como lustro, década... e facer operacións para convertir horas en minutos, etc.
Deixo aquí algunhas páxinas con xogos e actividades para facer estes días
- Lonxitudes
- Equivalencias
- Xogo móbil
- Para repasar e avanzar
- Números romanos, siglos
- Vocabulario tempo
- Todos os temas Ademais de explicar moi ben as operacións co tempo (sistema sexaxesimal) aquí tedes videos explicativos sobre case todo o que se vai dar durante o curso
- ABN método alternativo para divisións sinxelas
- Retomates
Por certo, para saber medir, non hai nada mellor que coller unha cinta métrica e usala pola casa adiante. Un exemplo sería buscar obxetos dunha medida concreta, por exemplo, algo que teña 6cm de ancho. O mesmo se pode facer con líquidos (cantas botellas de auga caben no caldeiro da fregona) ou co "peso" (masa) sempre que se teña unha báscula
Comentarios
Publicar un comentario