Publicacións

COMO FUNCIONA ISTO

Imaxe
Escribo isto para quen non sabe moverse ben por este tipo de plataformas Este blog está divido por materias (sociais, galego, etc.) As publicacións estarán organizadas por etiquetas que teredes na parte esquerda da pantalla. Así, se queredes ver todo o relacionado con matemáticas, pois premedes na etiqueta correspondente é só vos aparecerán as publicacións relacionadas con esta temática. Hai ligazóns a páxinas que non se ven moi ben desde dispositivos móbiles, pero outras si. Moitas teñen contidos moi semellantes, empregade as que máis vos gusten e lembrade que algunhas non vos funcionarán se tedes un adblock instalado para non ver publicidade. Con que o desactivedes para esa páxina en concreto é suficiente. Por último, fixádevos que hai máis publicacións despois das que aparecen. Buscade por etiquetas na barra lateral da esquerda.

NATURAIS tema 2 RESUMO

Imaxe
PINCHA AQUÍ!!!!

NATURAIS A MATERIA

Imaxe
Vai un adianto doutro dos temas que nos quedou por ver en Naturais Toda materia, tanto a q forma seres vivos como a de que están compostos os seres inertes, está formada pola unión de átomos Aquí tedes un exercicio que explica a estructura dun átomo:  Atomo A materia tamén se pode definir como todo aquilo que ten masa e ocupa un espazo. A cantidade de masa mídese en gramos (ou kg, mg, toneladas, etc.) O volume é o espazo que ocupa, e medímolo en cm3, m3, litros, etc. Un cubo de un metro de altura, un metro de longo e un metro de ancho, ten 1 metro cúbico de volume (1 m3) Á relación entre a masa e o volume, chámaselle densidade (gr/cm3).  Un feixe de herba seca ten unha densidade moi baixa, pois ocupa moito pero ten pouca masa ("pesa" pouco). Polo contrario, un lingote de ouro ten moitísima densidade. Esta materia pode cambiar de estado. Temos 3 estados da materia: sólido, líquido e gasoso.  Aquí vos queda outro exercicio para coñecer os nomes dos cambi

XOEL PREGUNTA, A CIENCIA RESPONDE

Imaxe
Preguntas de Xoel: 1.¿Como se encuentra un agujero negro? 2. ¿Crees que existe algún agujero de gusano en la tierra? 3.En el caso de que si ¿Que medidas se tomarían? 4. ¿ Lo investigaríais o os alejaríais de el? 5.¿Como sabeis que la tierra es el único planeta con vida en el sistema solar? Igual se esconden de vuestros radares. 6. ¿ Porque no mandais robots a otros planetas para confirmar si hai o no vida? Respostas: https://drive.google.com/open?id=16qVfkTwFxKQYk2jFnopXEXiGCi0Kh0P8 https://drive.google.com/open?id=1w4mtRpbQitZJVE1URdAVKYijidtocvXM https://drive.google.com/open?id=1VJgFg3PW91ECvNbJGG23lw3yITtyqN9m

SOCIAIS tema 6 e 7: RESUMO DA I.MEDIA

Imaxe
Déixovos aquí un resumiño de 6 minutos sobre moito do ocurrido durante os 1000 anos que dura a Idade Media. RESUMO

SOCIAIS tema 7: Os reinos cristiáns

Imaxe
Primeiro imos lembrar como vivían os habitantes da península durante a Alta Idade Media Visigodos 1. Formación e expansión dos reinos cristiáns A partir do  século VIII  no Norte da Península Ibérica creáronse pequenos  núcleos cristiáns  de resistencia á invasión musulmá (don Pelayo e a batalla de Covadonga do ano 722):   Reino ástur-leonés , máis adiante reino de Castela.    Reino de Pamplona , o  condado de Aragón  e os  condados cataláns . No  século XI , despois da caída do Califato de Córdoba, comezou a  expansión  dos reinos cristiáns. Tras a  batalla das Navas de Tolosa (1212)  os reinos cristiáns reduciron Al-Andalus ao reino de Granada e consolidáronse:   O reino de Castela .   O reino de Navarra .   A Coroa de Aragón .   O reino de Portugal . As terras conquistadas repoboáronse con  cristiáns  e  mudéxares  (musulmáns que tras a conquista quedaron nas súas terras e aos que se lles permitiu conservar a súa relixión e as súas pertenz

SOCIAIS TEMA 2: A representación da Terra

Imaxe
A REPRESENTACIÓN DA TERRA 1. As coordenadas xeográficas As coordenadas xeográficas son unhas  liñas imaxinarias  que se trazan sobre un globo terráqueo ou un mapa e serven para  localizar puntos  sobre a superficie terrestre. Clasifícanse por:   Paralelos : Indican a latitude (distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o Ecuador). Son círculos imaxinarios que dividen a esfera terrestre en toros ou rodas. O paralelo principal ou 0º chámase  Ecuador  e divide a Terra en dúas partes: hemisferio Norte e hemisferio Sur.   Meridianos : Indican a lonxitude (distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o meridiano de Greenwich). Son semicírculos imaxinarios que van do Polo Norte ao Polo Sur. O meridiano principal é o de  Greenwich  o 0º. Serven para establecer as divisións dos fusos horarios. Para localizar un punto nun mapa precísase saber que meridiano e que paralelo pasan exactamente polo devandito punto. 2. Por que

Verbo HABER

Imaxe
Xogo1 Xogo2 Xogo3 Xogo tipo test con puntuación