SOCIAIS tema 7: Os reinos cristiáns
Primeiro imos lembrar como vivían os habitantes da península durante a Alta Idade Media
1. Formación e expansión dos reinos cristiáns
- A partir do século VIII no Norte da Península Ibérica creáronse pequenos núcleos cristiáns de resistencia á invasión musulmá (don Pelayo e a batalla de Covadonga do ano 722):
- Reino ástur-leonés, máis adiante reino de Castela.
- Reino de Pamplona, o condado de Aragón e os condados cataláns.
-
- No século XI, despois da caída do Califato de Córdoba, comezou a expansión dos reinos cristiáns.Tras a batalla das Navas de Tolosa (1212) os reinos cristiáns reduciron Al-Andalus ao reino de Granada e consolidáronse:
- As terras conquistadas repoboáronse con cristiáns e mudéxares (musulmáns que tras a conquista quedaron nas súas terras e aos que se lles permitiu conservar a súa relixión e as súas pertenzas).
2. Os nobres e os seus castelos
- Os reinos cristiáns tiñan unha sociedade dividida en tres estamentos: os nobres, o clero e os campesiños.
- Os privilexiados eran os nobres (xurábanlle fidelidade ao rei e convertíanse en vasalos) e o clero (moi numeroso porque a sociedade medieval era cristiá).
- Os nobres vivían en castelos fortificados e tiñan grandes exércitos.Os castelos eran lugares de refuxio, estaban fortificados e situábanse en sitios elevados.
3. As terras do feudo
- As terras que o rei lles entregaba aos nobres e aos clérigos constituían o feudo. Eles gobernábanas, defendíanas e administrábanas. Para traballalas, contaban cos campesiños.
- Os campesiños eran a meirande parte da poboación, moitos deles eran servos do señor feudal (debían entregarlle parte da súa colleita e non podían abandonar as terras sen o seu permiso).As condicións de vida dos campesiños eran moi difíciles.
- A produción agrícola en época medieval era escasa e ás veces insuficiente para alimentar toda a poboación. Baseábase no cultivo de cereais, legumes e hortalizas. Tamén se plantaban viñedos e árboles froiteiras.
Esta moi ben explicado. Os nobres eran uns capullos.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Eliminarinvestigare, investigare. que gente.
ResponderEliminar