Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

XOEL PREGUNTA, A CIENCIA RESPONDE

Imaxe
Preguntas de Xoel: 1.¿Como se encuentra un agujero negro? 2. ¿Crees que existe algún agujero de gusano en la tierra? 3.En el caso de que si ¿Que medidas se tomarían? 4. ¿ Lo investigaríais o os alejaríais de el? 5.¿Como sabeis que la tierra es el único planeta con vida en el sistema solar? Igual se esconden de vuestros radares. 6. ¿ Porque no mandais robots a otros planetas para confirmar si hai o no vida? Respostas: https://drive.google.com/open?id=16qVfkTwFxKQYk2jFnopXEXiGCi0Kh0P8 https://drive.google.com/open?id=1w4mtRpbQitZJVE1URdAVKYijidtocvXM https://drive.google.com/open?id=1VJgFg3PW91ECvNbJGG23lw3yITtyqN9m

SOCIAIS tema 6 e 7: RESUMO DA I.MEDIA

Imaxe
Déixovos aquí un resumiño de 6 minutos sobre moito do ocurrido durante os 1000 anos que dura a Idade Media. RESUMO

SOCIAIS tema 7: Os reinos cristiáns

Imaxe
Primeiro imos lembrar como vivían os habitantes da península durante a Alta Idade Media Visigodos 1. Formación e expansión dos reinos cristiáns A partir do  século VIII  no Norte da Península Ibérica creáronse pequenos  núcleos cristiáns  de resistencia á invasión musulmá (don Pelayo e a batalla de Covadonga do ano 722):   Reino ástur-leonés , máis adiante reino de Castela.    Reino de Pamplona , o  condado de Aragón  e os  condados cataláns . No  século XI , despois da caída do Califato de Córdoba, comezou a  expansión  dos reinos cristiáns. Tras a  batalla das Navas de Tolosa (1212)  os reinos cristiáns reduciron Al-Andalus ao reino de Granada e consolidáronse:   O reino de Castela .   O reino de Navarra .   A Coroa de Aragón .   O reino de Portugal . As terras conquistadas repoboáronse con  cristiáns  e  mudéxares  (musulmáns que tras a conquista quedaron nas súas terras e aos que se lles permitiu conservar a súa relixión e as súas pertenz

SOCIAIS TEMA 2: A representación da Terra

Imaxe
A REPRESENTACIÓN DA TERRA 1. As coordenadas xeográficas As coordenadas xeográficas son unhas  liñas imaxinarias  que se trazan sobre un globo terráqueo ou un mapa e serven para  localizar puntos  sobre a superficie terrestre. Clasifícanse por:   Paralelos : Indican a latitude (distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o Ecuador). Son círculos imaxinarios que dividen a esfera terrestre en toros ou rodas. O paralelo principal ou 0º chámase  Ecuador  e divide a Terra en dúas partes: hemisferio Norte e hemisferio Sur.   Meridianos : Indican a lonxitude (distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o meridiano de Greenwich). Son semicírculos imaxinarios que van do Polo Norte ao Polo Sur. O meridiano principal é o de  Greenwich  o 0º. Serven para establecer as divisións dos fusos horarios. Para localizar un punto nun mapa precísase saber que meridiano e que paralelo pasan exactamente polo devandito punto. 2. Por que

Verbo HABER

Imaxe
Xogo1 Xogo2 Xogo3 Xogo tipo test con puntuación

MAPAS Tema 2

Imaxe
MAPAS INTERACTIVOS Nesta ligazón tedes diferentes mapas online para xogar e aprender. Comezamos polo de Europa, político e xeográfico (relevos, ríos e costas) Seguiremos por América, así que a darlle duro que saber non está demais. Por certo, lembrádevos desta aplicación?:  True size of FUSOS HORARIOS Por que chamamos a Xapón o País do Sol Nacente? Por que estando no mesmo fuso horario que Portugal ou Gran Bretaña temos diferente horario? Cal é o último país en celebrar o fin de ano? Un vídeo MERIDIANOS E PARALELOS Vídeo Vídeo 2

Naturais Tema 2: ECOSISTEMAS

Imaxe
Os ecosistemas son todo aquilo que nos rodea e, por suposto, nós, os seres humanos, formamos parte deles. Hai dous tipos de compoñentes básicos nos ecosistemas, aqueles que teñen vida  e aqueles que non. É dicir, seres vivos (biocenose) e medio físico (biotopo) no que interactúan Aquí vos deixo uns vídeos e un pequeno resumo: Medio físico e Biocenose Vídeo Vídeo Vídeo  Organización dos seres vivos, desde o nivel subatómico (o máis pequeno que existe) ata os ecosistemas do planeta Función dos seres vivos nun escosistema: Vídeo Vídeo Vídeo Cadea trófica e equilibrio ecolóxico: Vídeo Yellowstone Solucións absurdas Tipos de ecosistemas: Deserto frío:  1  ,  2  e  3 Taiga:  1  ,  2  e  3 Bosque temperado:  1  e  2 Deserto cálido:  1  e  2 Sabana:  1  e   2   Selva: 1  ,  2  e  3 Alta montaña:  1  e  2 De auga doce:  1  e  2 Litoral:  1  e  2 De auga salgada:  1  ,  2  e  3 Covas:  1  e  2 Relacións entre seres vivos, que pod