NATURAIS A MATERIA


Vai un adianto doutro dos temas que nos quedou por ver en Naturais

Toda materia, tanto a q forma seres vivos como a de que están compostos os seres inertes, está formada pola unión de átomos
Aquí tedes un exercicio que explica a estructura dun átomo: Atomo

A materia tamén se pode definir como todo aquilo que ten masa e ocupa un espazo.
A cantidade de masa mídese en gramos (ou kg, mg, toneladas, etc.)
O volume é o espazo que ocupa, e medímolo en cm3, m3, litros, etc. Un cubo de un metro de altura, un metro de longo e un metro de ancho, ten 1 metro cúbico de volume (1 m3)
Á relación entre a masa e o volume, chámaselle densidade (gr/cm3). Un feixe de herba seca ten unha densidade moi baixa, pois ocupa moito pero ten pouca masa ("pesa" pouco). Polo contrario, un lingote de ouro ten moitísima densidade.



Esta materia pode cambiar de estado. Temos 3 estados da materia: sólido, líquido e gasoso. 
Aquí vos queda outro exercicio para coñecer os nomes dos cambios de estado: Estados


Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

NATURAIS

NATURAIS tema 1: As plantas

Naturais Tema 2: ECOSISTEMAS