SOCIAIS TEMA 2: A representación da Terra
A REPRESENTACIÓN DA TERRA
1. As coordenadas xeográficas
- As coordenadas xeográficas son unhas liñas imaxinarias que se trazan sobre un globo terráqueo ou un mapa e serven para localizar puntos sobre a superficie terrestre. Clasifícanse por:
- Paralelos:
- Indican a latitude (distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o Ecuador).
- Son círculos imaxinarios que dividen a esfera terrestre en toros ou rodas.
- O paralelo principal ou 0º chámase Ecuador e divide a Terra en dúas partes: hemisferio Norte e hemisferio Sur.
- Meridianos:
- Indican a lonxitude (distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o meridiano de Greenwich).
- Son semicírculos imaxinarios que van do Polo Norte ao Polo Sur.
- O meridiano principal é o de Greenwich o 0º.
- Serven para establecer as divisións dos fusos horarios.
-
- Para localizar un punto nun mapa precísase saber que meridiano e que paralelo pasan exactamente polo devandito punto.
2. Por que ocorre... Todos os países temos a mesma hora?
- Os fusos horarios creáronse para saber que horario lles corresponde aos distintos puntos do noso planeta:
- Que son os fusos horarios?:
- A Terra está dividida en 24 zonas ou fusos horarios.
- Os fusos horarios son liñas imaxinarias en forma de fuso de fiar.
- Todos os lugares situados nun mesmo fuso horario teñen a mesma hora.
- Como funcionan os fusos horarios?:
- Os 24 fusos horarios coinciden cos meridianos.
- Cada fuso horario mide 15º de lonxitude e representa 1 h.
- A partir do meridiano de Greenwich súmanse (Leste) ou réstanse (Oeste) as horas.
-
- As illas Canarias teñen unha hora menos que no resto do Estado porque se sitúan nun huso horario ao Oeste do meridiano de Greenwich.
3. Os mapas e os planos xeográficos
- Podemos representar a Terra en forma de esfera (globo terráqueo) ou sobre unha superficie plana (mapa).
- Os mapas planisferios plasman a Terra enteira ou parte dela.
- Os planos xeográficos representan con detalle un territorio pequeno.
- Cada mapa ou plano leva unha lenda cos símbolos, cores ou signos convencionais que se representaron nel.
- A escala dun mapa ou plano é o informe sobre cantas veces se reduciu unha superficie real para poder ser debuxada no mapa ou no plano. Pode ser:
- Numérica
- Gráfica
-
4. Os tipos de mapas
- Segundo a información que conteñen os mapas, poden ser:
- Físicos: representan o relevo terrestre.
- Políticos: amosan a organización dun territorio.
- Temáticos: reflicten un aspecto ou feito concreto da realidade.
-
- Un atlas é unha colección de mapas que poden ser de diferentes tipos e ter diferentes soportes.
- Para ler un mapa é básico saber localizar e interpretar a información que contén.
5. Como é... O planisferio físico
- O planisferio físico é o mapa de toda a superficie da Terra nun só plano onde se mostran as características físicas ou accidentes xeográficos.
6. Como é... O planisferio político
- O planisferio político é a representación de todos os países do mundo nun só plano.
que apasionante es repasar
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
EliminarJjjjj, ainda non me deu tempo a poňer cousas máis entretidas, pero todo chegará
Eliminar