SOCIAIS tema 6


U6
PENINSULA IBERICA DESPOIS DA CAIDA DO IMPERIO ROMANO

ALTA IDADE MEDIA

Idade Media foi un período histórico da civilización occidental comprendido entre o século V e o século XV. Normalmente considérase a súa extensión entre a fin do Imperio Romano do Occidente, no século V (476 d.C.), e o descubrimento de América, no século XV (1492 d.C.), ou en 1453 coa caída do Imperio Bizantino, data que coincide coa invención da imprenta (Biblia de Gutenberg) e coa fin da guerra dos Cen Anos

Adoitase dividir en dous grandes períodos: Temperá ou Alta Idade Media (do século V ao X, sen unha clara diferenciación coa Antigüidade Tardía); e Baixa Idade Media (do século XI ao XV)

Estas son as 3 datas claves que poñen fin á etapa Antiga e que conforman o comezo da I.Media

Neses séculos prodúcense varios feitos relevantes, destacando dous. A ocupación da península a partir dos séculos IV e V por parte de suevos e visigodos (cristiáns), entre outros pobos de orixe "xermánica", e a chegada dos árabes (musulmáns) no s.VIII

Ademáis do posto no libro de sociais ou nos link aos libros dixitais que vos enviei, deixovos aquí unha lista de vídeos e páxinas web onde podedes reforzar e completar a información do tema. Lembrade que non falamos nin de malos nin de bos, que tanto os reinos cristiáns como o Imperio Omeia, contribuiron con luces e sombras ao desenvolvemento social , económico e cultural nestes séculos.

Un pequeno apunte final. Cando se fala de "Reconquista", pensade que é unha maneira de denominar unha serie de acontecementos (algúns de veracidade cuestionable) que se deron durante centos de anos, e que incluso os propios reinos cristiáns loitaban entre eles. Non existe un Reino de España común ata moito despois da Idade Media, o cal, nin é bo , nin é malo.

  1. Historia de Galicia. Cuestionable nalgúns puntos, pero dá unha idea do que ocurriu neste territorio
  2. Idade Media. Vídeo no que se explica o ocorrido nestes séculos. Como resumo non está mal, aínda que é complexo nalgúns puntos
  3. Al-Andalus. Como é unha cidade 
  4. Breve historia de Al-Andalus
  5. Tour virtual pola Alhambra
  6. Cidade medieval
  7. Clases sociais. Prometo que a música non lla puxen eu.

Comentarios

  1. MOLARONME MOITO OS VIDEOS DE HISTORIA EN 10 MINUTOS E TAMEN AS FOTOS DA ALHAMBRA. TODO MOI GUAI.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

NATURAIS

L. CASTELLANA 2

NATURAIS A MATERIA