Curiosidades e ciencia


Vai unha de curiosidades e páxinas interesantes
Marchando:

  1. Un can que fala daquela maneira , se el o fai, ti podes poñerlle comas e puntos aos textos.
  2. Unha de podcast sobre ciencia feitas por un marciano de Santiago, en concreto, este sobre un loro, é moi curioso. Máis información aquí
  3. Samorost3 , un xogo marabilloso. Só é gratuita a demo do primeiro capítulo para tablets ou móbiles, pero contén un xogo de cartas incríble que vos animo a resolver. En todos os anos que levo dando clase , só o resolveu á primeira, unha nena de 8 anos.
  4. Pan Estes días vivimos unha especie de euforia colectiva polo papel hixiénico, quedando baleiros os estantes dos supermecados. O mesmo está a ocorrer coa fariña e co lévedo. A xente está a poñer os fornos a funcionar e arrecende que dá gusto. Pero igual estamos a facer pan e postres por riba das nosas posibilidades, a ver se non imos poder saír pola porta despois.

Comentarios

  1. Tardamos pero conseguimos darlles de comer a eses pobres da tenda, e facer a nave viaxeira do nomiño de Samorost. Os debuxos preciosos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

L. CASTELLANA 2

SOCIAIS tema 7: Os reinos cristiáns

XOEL PREGUNTA, A CIENCIA RESPONDE