Naturais Tema 2: ECOSISTEMAS
Os ecosistemas son todo aquilo que nos rodea e, por suposto, nós, os seres humanos, formamos parte deles. Hai dous tipos de compoñentes básicos nos ecosistemas, aqueles que teñen vida e aqueles que non. É dicir, seres vivos (biocenose) e medio físico (biotopo) no que interactúan
Aquí vos deixo uns vídeos e un pequeno resumo:
Aquí vos deixo uns vídeos e un pequeno resumo:
- Medio físico e Biocenose
- Vídeo
- Vídeo
- Vídeo Organización dos seres vivos, desde o nivel subatómico (o máis pequeno que existe) ata os ecosistemas do planeta
- Función dos seres vivos nun escosistema:
- Cadea trófica e equilibrio ecolóxico:
PARA SABER MÁIS:
- Planeta Tierra cap.1 Incrible serie documental de dúas tempadas, unha gozada. Anímovos a velos todos e a mercar (se queredes e podedes) a versión en HD, onde a imaxe e o sonido son de moita maior calidade.
- Resto de capítulos na mesma páxina.
1. O medio dos seres vivos
- O medio, medio natural, ou ambiente, dun ser vivo ou organismo é todo aquilo que o rodea e que inflúe dalgún xeito na súa vida. Está composto polo:
- Medio físico.
- Medio biolóxico.
- O medio físico dun ser vivo é o conxunto de compoñentes non vivos (inertes) que forman o medio. Os máis importantes son: a auga, o aire, o solo.
- Son factores do medio físico:
- A cantidade de luz.
- A temperatura do medio.
- A salinidade, que é a cantidade de sales que se atopan disoltos na auga.
2. O medio biolóxico. Os ecosistemas
- Calquera ser vivo establece relacións con outros seres vivos. O conxunto destes seres vivos forma o seu medio biolóxico.
- Unha especie é un conxunto de individuos de características semellantes que se poden reproducir entre eles e dar descendencia fértil, isto é, que terán a capacidade de se reproducir.
- Unha poboación biolóxica é o conxunto de individuos da mesma especie que viven nun lugar determinado.
- Unha comunidade biolóxica é o conxunto de poboacións que viven nun espazo determinado e establecen entre elas relacións de dependencia.
- O conxunto formado pola comunidade biolóxica dunha área determinada e o medio físico da devandita área recibe o nome de ecosistema.
3. Descubro… A biosfera
- A biosfera é a parte da Terra onde residen os seres vivos. É unha capa que se estende dende os 7000 metros de altitude ata as profundidades mariñas.
- Ecosistemas terrestres:
- Pradaría: predomina o céspede, aínda que tamén medran outras herbas e algunhas matas.
- Bosque: formado por masas de árbores combinadas con zonas de matogueiras ou de prados.
- Cidades: ecosistemas artificiais.
- Ecosistemas acuáticos:
- Litoral: límite entre os terrestres e os acuáticos mariños.
- Charca ou poza: acumulación de auga formada de maneira natural ou artificial nun terreo.
- O lugar onde pode vivir un ser vivo denomínase hábitat.Debe ter unhas condicións ambientais axeitadas, como abrigo, osíxeno, temperatura apropiada e comida, para que o organismo poida vivir nel.
4. Como funciona un ecosistema
- Hai diferentes tipos de relacións entre os seres vivos dun ecosistema:
- Relación de alimentación: un ser vivo aliméntase doutro.
- Relación de competencia: dous ou máis seres vivos tratan de obter á vez algo que precisan, como a luz, a comida ou a parella.
- Relación de cooperación: uns seres vivos únense para obter un beneficio.
- Os seres vivos que forman o ecosistema distínguense polo seu modo de alimentación en:
- Produtores. Son os seres vivos capaces de producir o seu propio alimento.
- Consumidores primarios. Son todos os herbívoros.
- Consumidores secundarios. Son carnívoros que comen herbívoros.
- Consumidores terciarios. Aliméntanse dos consumidores secundarios.
- Unha cadea alimentaria é a relación que se dá entre varios seres vivos dun ecosistema que se alimentan uns doutros.En cada ecosistema existen numerosas cadeas alimentarias, e a maioría delas entrecrúzanse formando complicadas redes alimentarias.
5. As alteracións dos ecosistemas
- O ser humano modificou directamente a maioría dos ecosistemas mediante a caza, a pesca, a corta de árbores, etc. Tamén converteu moitos ecosistemas naturais en artificiais.
- Unha das consecuencias das actividades humanas nos ecosistemas é a contaminación.
- Un contaminante é unha substancia engadida ao medio que lle causa algún dano.
- Existen leis que protexen o ambiente ou medio natural e que todos temos que cumprir. Nós podemos contribuír á súa protección con algunhas accións:
- Nas visitas ao campo, respecta os animais e as plantas e non deixes refugallos.
- Participa en campañas para limpar as nosas costas ou bosques.
- Leva os obxectos contaminantes (pilas, aceites, cartuchos de tinta etc.) aos puntos de recollida especiais para iso.
Me gusto
ResponderEliminar